martes, 12 de septiembre de 2017

Bo comezo de curso!!

Ola guais!

Que tal foi o verán? Vides cas pilas cargadas a tope?

Bueno... deséxovos de todo corazón que teñades un bo comezo de curso 2017/18 e que o curso vos sexa moi levadeiro. Con un pouco de esforzo e constancia non ides ter problema!!

Como sabedes este ano vou a dar clase en Zas. Iso non significa que vos perda a pista, vou saber de vós porque como sabedes ahí teño contactos que me van a informar das vosas andanzas por Ponteceso. 
Contade que vos faga algunha visita, aínda non sei cando pero... eso en canto poida acercareime ao cole para saudarvos e saber que tal vos vai!!

Non sei que vou facer co blog. Xa vos irei contando!!

Un saúdo para os tod@s!!!

Cristina.


martes, 27 de junio de 2017

Festival e fin de curso

Ola guais!!

Pasou o día e pasou a romería!!

O pasado venres 23 de xuño celebramos a primeira edición do Festival P de Pondal. Nel gozamos cas estupendas actuacións musicais de todos os compañeiros do colexio.O nivel foi altísimo e notouse que houbo moito esforzo e traballo detrás.

Ese día foi de sentimentos encontrados, xa que, por unha parte deixabamos un curso 2016- 17 cheo de vivenzas, aprendizaxes ... e por outro queríamos que chegase o verán para descansar, disfrutar, xogar...

Quero darvos as grazas a todos/as polo ben que me acollestedes, sentinme apoiada e querida e iso é o mellor que pode pasar desempeñando este traballo. 

Soamente me queda desexarvos un bo verán, que recarguedes moito as pilas para empezar posteriormente cuarto a tope!!!

Ánimo guais!! Seguireivos a pista!!

Agora a disfrutar ca vosa marabillosa actuación de we will rock you!!



Acrosport we will rock you 3ºB from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.

martes, 20 de junio de 2017

FESTIVAL P DE PONDAL

Olaa!!

Xa queda menos para disfrutar da 1ª edición do Festival P de Pondal.


Despois de moitos preparativos e ensaios, podemos decir que estamos preparados e dispostos para dar o mellor de nós, converternos nuns artistas semiprofesionais  e deleitarvos cun fermoso espectáculo que todo o colexio esta preparando para vós!!

Así que non faltedes o venres 23 de xuño!!! Contavos con vós!!!

Aquí vos deixo o cartel!!


miércoles, 14 de junio de 2017

Ultimas actividades de xuño

Ola guais!!
Estamos na conta atrás... soamente quedan 7 días de clase para as ansiadas vacacións de verán. Toca facer os últimos esforzos e logo a disfrutar do tempo de lecer. A continuación vos deixo uns vídeos das últimas activiades que se levaron a cabo no edificio das escolas. 

O pasado venres 9 de xuño gozamos ca obra teatral "A galiña azul" representada por compañeiros/as do colexio e dirixida pola mestra Luisa.

Hoxe, mércores 14 de xuño tocounos disfrutar coma nunca grazas a AMPA do colexio que nos organizou unha estupenda actuación do Mago Álex. 

Pásamolo Guai!!

                                          Teatro Escolar 

Teatro escolar A galiña azul


                                                     Actuación do Mago Álex

lunes, 12 de junio de 2017

Tema 12 mate; unidades de capacidade. masa e tempo.

Ola guais!

Xa estamos na recta final. Porén os últimos contidos que abordaremos en matemáticas serán as medidas de capacidade e masa (incidiremos soamente nos submúltiplos). Posteriormente recordaremos as unidades de medida do tempo! Ánimo!!


                                                  VÍDEO DE REPASO



Practica aquí


Repasa aquí



Xoga aquí

Repasa aquí



Practica aquí



sábado, 3 de junio de 2017

Excursión a Sta Cruz (Oleiros)

Ola!

Empezamos o mes de xuño difrutando dunha xenial saída a Sta Cruz de Oleiros.
Alí gozamos de diferentes actividades deportivas; xogos predeportivos, quiniela loca de apostas, escalada, tiro con arco, canoas, xogos na area....

Pasámolo guai!! 



Útimas Saídas de maio

Ola!

O pasado luns 29 de maio o alumnado de 3º a 6º de E.P. participou nun obradoiro entorno ao Himno Inclusivo xestionado pola Fundación Eduardo Pondal coa colaboración da ONCE e da Federación de Xordos galegas.

Este obradoiro serviunos para reflexionar cómo é o día a día das persoas con discapacidade sensorial, coñecer as súas formas de comunicación (braille, linguaxe de signos...).

Despois camiñamos a pé ata a casa do bardo Eduardo Pondal para realizar unha ofrenda floral e para interpretar o Himno Galego acompañados do alumnado do CEIP As Forcadas de Corme.

Aquí unhas fotos para o recordo!



O martes 30 de maio a tarde, visitamos o Edificio das Escolas para disfrutar da representación teatral "A galiña azul". Esta obra de teatro foi interpretada polos nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso. Nela atopamos moitos compañeiros/as coñecidos que realmente fixeron un papel digno de admirar. Parabéns!!!